Galego-ILG

Santiago de Compostela, 1988. Xornalista ambiental formado entre Santiago de Compostela e Barcelona con experiencia en radio, prensa escrita e dixital e en organizacións ecoloxistas de Galiza, Catalunya e Irlanda.

Actualmente responsábel de prensa e medios sociais de Good Energies Alliance Ireland, no condado de Leitrim, a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Esta é a miña segunda experiencia en Irlanda, logo dun breve paso pola Irish Environmental Network. Antes, pasei polas redacción de Radio Obradorio, o desaparecido Xornal de Galicia, a delegación galega de El País, o catalán Diari de Girona e Praza Pública.

Cheguei a o mundo entre o estourido do cargueiro Casón e un chisco antes da caída do Muro de Berlín, polo que nacín no medio dun mar de ruído, cambios e acontecementos difíciles de comprender. De tanto facer preguntas na busca de respostas, non cabía outra opción que dedicarse a facelas: ser xornalista.

E nun mundo que non sabe moi ben cara onde vai, cómpre preguntarse que fai a humanidade na súa propia casa, iso que o divulgador científico Carl Sagan chamou “un punto azul pálido”. Buscar respostas ao por que do cambio climático, as súas consecuencias, o modelo enerxético, o sistema de produción de alimentos ou como afectan os desastres naturais aos máis esquecidos do planeta. Ser, simplemente, xornalista ambiental.

Iso fago, desde as páxinas dun xornal ou axudando a organizacións a chegar ao seu público. Sempre cos datos na man e empregando todas as ferramentas que teño a man para facer máis accesíbeis a todo o mundo as historias e os conceptos máis complexos.

Neste blog poderás atopar o que vou publicando noutros medios e o que vou atopando alá onde me leve o meu traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s