WINDFARM 14, by Charlie Nettle
comment 0

Unearthed, unha viaxe ás consecuencias do fracking

Da aldea máis remota de Sudáfrica até a vila máis perdida de Irlanda do Norte, a ameaza do fracking paira sobre centos de comunidades que viven sobre as reservas de gas de esquisto. Un lobo oculto na pel de carneiro das promesas de traballo e cartos para zonas en declive ou onde os postos de traballo sempre foron escasos.

Pero que pode siginificar a chegada desta industria a poboación illadas que viven da terra? Esta foi a particular viaxe de Jolynn Minnaar, xornalista e cineasta sudafricana que estes días amosa o seu traballo no Reino Unido e Irlanda. O resultado: o documental Unearthed.

Minnaar parte da súa localidade natal de Karoo, onde Shell quere explotar as reservas de gas mediante fracking. Se ben nun primeiro momento non lle parece mal a idea de impulsar a economía da zona, a medida que vai sabendo máis sobre as consecuencias desta industria, máis recela do seu uso.

A xornalista trasládase a Estados Unidos, onde unha viaxe duns días converteuse nunha estancia de varios meses. Auga contaminada con metano, problemas de saúde e a destrución de pequenas comunidades rurais por unha industria de curta duración son algúns dos temas que aparecen no documental de Minnaar. Historias moi duras contandas en primeira persoa por afectados impotentes ante o poder das grandes empresas e unhas leis que non os protexen.

Desde que rematou o documental o pasado xuño, Minnaar percorre o mundo explicando o que viu e viviu nos tres anos que lle levou producilo.

Neste ocasión a xornalista trouxo Unearthed a Fermanagh (Irlanda do Norte) unha zona na que ela mesma atopou similitudes co seu Karoo natal. Neste condado agrícola a mobilización social conseguiu parar (de momento) os plans dunha compañía que pretendía explorar as reservas de gas da zona.

Como sudafricana, Minnaar tamén leva a marca do apartheid, e relata as dificultades que implican falar do prexudicial que pode ser o fracking desde o punto de vista de alguén que tivo a oportunidade de estudar cunha persoa que non ten nin electricidade.

Pero para ela o importante é empregar a concienciación sobre os riscos do fracking como un xeito de comezar un debate moito máis amplo e moito máis decisivo que unha técnica de extracción de gas. Un debate sobre o futuro da humanidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s