comment 0

Ao fío da nova Lei de Comunicación de Ecuador (II)

Logo de revisar os aspectos que semellan positivos da nova lei ecuatoriana de comunicación, cómpre sinalar tamén algúns que non o son tanto.

Consejo de Regulación y Desarrollo

O organismo encargado de velar polo cumprimento dos obxectivos da lei é o Consejo de Regulación y Desarrollo de la Información y la Comunicación, cuxas resolución son de orbrigado cumprimento. Que exista un órgano que monitorice o labor dos medios non malo en principio, porén a composición desta entidade pode supoñer un problema.

Dos cinco integrantes (art. 48) ningún será representante dos medios ou dos traballadores do sector, senón do goberno estatal, que preside o organismo, os gobernos rexionais, o Valedor do Pobo, e dous representantes dos consellos de Igualdade e de participación cidadá. Os traballadores da comunicación si estarán representados no consello consultivo, un organismo de simple asesoría.

A isto haberá que sumar a Superintendencia de la Información y Comunicación, que investigará as denuncias contra os medios e será a encargada de sancionalos de ser o caso.

Entendo que o xornalismo e a comunicación, como servizo público que son, deben ser supevisados, porén dubido que a supervisión gobernamental directa sen voz e voto dos profesionais é a mellor maneira de conseguilo. E efectivamente, si dá marxe ao goberno para controlar os medios.

Linchamento mediático

Estes organismos de control estarán bastante atarefados asegurándose de que se cumpren todos os requisitos esixidos pola nova lei.

Entre eles está a prohibición de “linchamento mediático” (art. 26), que a lei define como:

A difusión de información que, de maneira directa ou a través de terceiros, sexa producida de forma concertada e publicada reiterativamente a través dun ou máis medios de comunicación co propósito de desprestixiar a unha persoa natural ou xurídica ou reducir a súa credibilidade pública.

O problema é que dentro desta definición poderían coller casos que se viven a día de hoxe como os das fotografías de Feijóo con Marcial Dorado ou todo o relativo ao “Caso Nóos” e á infanta Crisitina e Iñaki Urdangarín.

A isto cómpre sumar a prohición de difundir “información restrinxida” (art. 30), na que se recolle a imposibilidade de dar a coñecer aquela que estea

protexida expresamente cunha cláusula de reserva previamente estabelecida na lei.

Unha medida que pode entorpecer o desenvolvemente de investigacións xornalísticas, necesarias pero incómodas para calquera goberno. Terían publicado as filtracións de Edwar Snowden medios baixo esta lexislación?

Xornalistas

Unha última idea sobre os profesionais do xornalismo, é a obriga de que toda actividade xornalística de carácter permanente sexa desenvolvida por xornalistas profesionais. Porén, non sinala como se accederá á categoría profesional. Formación universitaria? Experiencia? Ámbalas dúas?

É un debate que aquí tamén se dá, xa que o xornalismo como carreira universitaria é relativamente recente e moitos grandes xornalistas non pasaron por estas aulas ou non remataron a licenciatura. E pode servir de excusa para purgar elementos incómodos (no Estado Español iso faise con EREs que desaproveitan a experiencia dos veteranos).

Porén compre agardar, e ver como se aplica a lei, e se realmente consegue un sistema de comunicación ecuatoriano máis democrático ou é efectivamente un instrumento de control dos medios empresariais (que non independentes).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s