comment 1

#narrativarosalia

  1. Onte presentouse en sociedade o libro Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro, coordinado por Helena González e María do Cebreiro Rábade. Este volume, resultado dun encontro celebrado en Barcelona, busca sacar á luz aspectos pouco coñecidos da obra en prosa da escritora, e conseguir unha imaxe moito máis completa de Rosalía.
  2. A intención queda clara desde a portada do libro, que reproduce a escrita orixinal da autora como un xeito de achegarse a ela e trascender o que tradicionalmente representa a figura de Rosalía.
  3. A coordenadoras de Canon y subversión interveñeron antes das presentación no Diario Cultural, onde saliantaron as novas olladas sobre Rosalía de Castro que achegan as investigadoras rosalianas.
  4. Helena González en Barcelona e María do Cebreiro en Compostela foron as encargadas de presentar en sociedade o libro.
  5. HelenaGonzalezF
    #narrativarosalía Isabel Clúa, autora tamén no libro de Rosalía, defende a necesidade de ousar ler desde o noso presente épocas pasadas.
  6. HelenaGonzalezF
    #narrativarosalía M. Jufresa di que a transgresión das mulleres na Antiguidade represéntase na sexualidade, a sabedoría e o poder. Rosalía?
  7. HelenaGonzalezF
    #narrativarosalía L18: Damocrita un antecedente de “A xustiza pola man”: a desorde que restablece a orde na “cidade”.
  8. HelenaGonzalezF
    #narrativarosalía Na presentación da Lectora 18 mete a cobiza de ler Rosalía desde a idea de “desorde”. Anoto para seminario rosaliano 2013.
  9. En Compostela a obra presentouse na libraría Lila de Lilith, onde Dolores Vilavedra e María López Sande acompañaron a María do Cebreiro á hora de animar ao pública a se achegar a Canon y subversión.
  10. RT @HMCarballeira: Xa estamos na Lila para a presentación de Canon y subversión! #narrativaRosalía pic.twitter.com/HiOm7mwz
  11. HMCarballeira
    Comeza Dra Vilavedra cun alegato á calidade da investigación nos estudos galegos mesmo na situación actual d precariedade #narrativarosalía
  12. SantiAgra
    #narrativarosalía é un libro útil e necesario para os que queren entender este país, di Vilavedra
  13. HMCarballeira
    María do Cebreiro, co-editora do libro, lembra ao profesor Xan González-Millán, pioneiro na lectura crítica da #narrativaRosalía
  14. HMCarballeira
    A profesora María López Sández: como se puido simplificar tanto a escrita radicalmente ambigua de Rosalía? #NarrativaRosalía
  15. HMCarballeira
    López Sández comenta o artigo da investigadora @MargaGCandeira sobre a poética do deserto en La hija del mar #narrativaRosalía
  16. A presentación rematou cun pequeno debate sobre a forma de referirse á autora (Rosalía, Rosalía e Castro ou Rosalía Castro de Murguía) e a esperanza das autoras do libro de animar a descubrir o “lado escuro” da escritora.

1 Comment so far

  1. María

    Agradecidas por unha reseña tan atenta da presentación, e do seu seguimento nos medios. Un saúdo agarimoso. María do Cebreiro (en nome do Grupo de Investigación Rosalía de Castro).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s