comment 0

Rúa Nova 39 1º

Sentir como a terra se esvaece tras os teus pasos mentres unha mesta brétema non permite avanzar.

Así podemos sentirnos moitos recén lincenciados en xornalismo ao ver como pechan as que foron as nosas escolas.

Agora foi a quenda de El País-Galicia, tras ser golpeado por un ERE que é un auténtico atentado perpretado contra o derradeiro oasis de liberdade que quedaba na prensa diaria galega.

Durante 6 meses fun bolseiro nesa delegación. O mellor que me puido ter pasado como estudante de xornalismo.

Non concordo coa súa liña editorial en demasiadas cousas como para contalas aquí, pero non por iso deixo de gardar con orgullo todo o puiden publicar naquelas páxinas.

Unha páxinas nas que os bolseiros atopamos tempo e espazo para cubrir os temas que nos atreveramos a enfrontar. E coa axuda dun grupo formado por algúns dos mellores xornalistas do país.

Un grupo que che facía saber e sentir que estabas alí para aprender e non para poñer cafés.

Unha familia de xornalistas que che ensina a non publicar nada que non estivera plenamente constratado, a darlle voz á todo o mundo e a ir máis alá e non ser simples amplificadores de mensaxes oficiais.

Se cadra isto non se ve desde fóra, pero os que pasamos por alí sabémolo ben. E Iria e Fátima deixárono ben claro:

Eu só podo darvos as grazas. A todos. Quedédesvos, bótenvos ou róubenvos as páxinas onde colaborar. E desexarvos o mellor.

Non vos rindades. Sodes o noso exemplo.

A brétema da crise non deixa ver o futuro, pero a radio non matou os xornais, nin o vídeo á estrela da radio.

Porque o xornalismo sobrevivirá. Adaptarse non será doado, pero merece a pena intentalo.

Se cadra, para non perder os azos para seguir loitando, cómpre non esquecer a ladaíña que lle repetía Madama Collet a Max Estrella en Luces de Bohemia: “Otra puerta se abrirá”.

Seguimos na batalla.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s