comment 1

A voz da liberdade en tempos de crise

A voz da liberdade. Tereixa Navaza. Unha muller que puxo a súa cara de referente público de Televisión Española en Galiza ao servizo daquelas causas nas que creu. E un referente de loita en tempos difíciles.

Navaza, como outras xornalistas que interviñeron onte na homenaxe do Consello da Cultura Galega, tivo que enfrontarse ás trabas que o franquismo puña ás mulleres no espazo público e á censura polo seu compromiso político e social.

Navaza foi quen de manterse fiel ás súas ideas a pesar de ser represaliada pola retransmisión da traída dos restos de Castelao en 1984 e por ler o manifesto final dunha gran manifestación en defensa do sector naval.

A pesar ser relegada á información meteorolóxica ou mera voz en off nunca perdeu o sorriso, segundo contou ela onte no Consello.

Comprometida tamén coa causa do feminismo e da igualdade, falou abertamente nos programa que conducía de temas aínda tan polémicos como o aborto ou os malos tratos. Todo desde o seu pequeno recuncho de TVE-G.

Un compromiso tamén coa lingua galega, que nin ela nin outras pioneiras da radio, como Tonina Gay en Lugo ou María Xosé Porteiro en Vigo, falaban.

Todas elas tiveron que aprender unha lingua que non empregaban, pero ás que algúns animaron a falar aínda que cometesen erros. Gañar un espazo para o galego como a televisión ben o merecía.

Se cadra teriamos que ollar máis cara esta primeira xeración de xornalistas galegas. Elas tiveron que loitar no mundo do xornalismo nun contexto adverso, e os que intentamos adentrarnos nesta profesión podemos atopar no seu exemplo e esforzo os azos para non rendernos entre precariedade, EREs e peches.

Elas viviron problemas diferentes, pero souberon enfrontalos e saír adiante. Será posíbel que os agora comezamos, con máis medios e formación, capitulemos na primeira batalla?

Tereixa Navaza non se rendeu. E asegurou que non deixas de ser xornalista até que morres.

Non será doado, pero a loita ben merece o esforzo. Non si?

1 Comment so far

  1. Pingback: Tareixa Navaza: A voz da liberdade en tempos de crise

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s