comment 0

O tempo non pasa en balde

Xa van dous anos desde que comezara esta blogue, nada máis rematar a carreira de Xornalismo. Moitas cousas cambiaron desde xuño de 201o, entre elas o deseño deste espazo.  Aquel “comezar de novo” deu lugar a unha agra un tanto irregular na súa colleita, pero que aquí segue. Un comezar de novo que case chega a unha revolución permanente.

Nestes dous anos a crise non deixou de golpear o país, e as despedidas a amigos e compañeiros que marcha buscar fóra as oportunidades que este país non dá non paran. Eu mesmo xa pasei por unha breve experiencia na diáspora, que se cadra non se tarda en repetir. E aquilo que colleitei alá onde fun, sobre todo as linguas, tamén terán o seu oco neste blogue.

Porén, pase o que pase, esta agra seguirá vizosa, tanto ten desde onde escriba, en que lingua ou en que normativa. Até o de agora a maioría dos post estaban escritos en galego-portugués. Porén, o meu escaso coñecemento desta proposta levou a un certo “caos ortográfico” que non quero repetir. Se como dicía Pilar Pallerés somo “albaneis da lingua”, prefiro construír os textos con aqueles tixolos que saiba empregar, e non contribuír á unha maior confusión normativa.  Tempo haberá para recuperar a versión internacional do galego (e con xeito).

E aquí seguimos. E esperemos que por moito tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s