comment 0

Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz

Semelha que a novela policíaca está de moda na literatura galega. Logo de Asasinato no Consello Nacional ou as novelas de Domingo Villar, Agustín Fernández Paz suma-se agora com Non hai noite tan longa, editado por Xerais. E na colecçom de Narrativa, nom em Fóra de Xogo, onde alguns estamos mais acostumados a le-lo. Mas o cambio nom afecta á prosa á que Fernández Paz nos tem acostumados, e o libro engancha desde as primeiras páginas. Como já conseguira com O centro do labirinto ou Cartas de inverno.Non hai noite tan longa conta a história dum home que marchou da vila de Monteverde a finais na ditadura franquista e intenta desfazer o intricado novelo que lhe permita entender umha história familiar que o tempo nom conseguiu soterrar no esquecimento. Fernández Paz recria á perfecçom os sentimentos de pressom que sentimos no ambiente aqueles que volvemos ao lugar onde nascemos desde cidades mais grandes ou onde nos sentimos liberados das pressons do nosso entorno.

Umha novela moi, moi recomendável dum autor coerente como poucos na sua defesa da língua, como queda patente no seu discurso na homenagem que lhe realizou a CGELD:

Vídeo via Brétemas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s