comment 0

Carlos Ares: "O audiovisual galego está competindo co Barça"

“Estamos competindo co Barça, e estamos mellor que o Depor e o Celta”. Así de contundente amosouse Carlos Ares, directivo da Asociación Galega de Guionistas e secretario da Academia Galega do Audiovisual, sobre a potencia deste sector durante unha charla no Centro Galego de Barcelona esta fin de semana.

Ares destacaba así a capacidade das producións galegas de superar en audiencia ao fútbol, aínda en “momentos desoladores para o sector” derivados da crise económica. Puxo como exemplos a empresa Vaca Films, produtora de Cela 211 ou que moitos guionistas de series de éxito a nivel estatal sexan galegos. “Temos xente moi preparada”, aseverou. O presidente dos guionistas galegos destacou o papel do presidente da Axencia Audiovisual Galega na etapa do bipartito, Manuel González, para poder acadar este nivel, aínda que “non todas as axudas foron para películas en galego”.


Crise
A pesar dos éxitos, a día de hoxe “só se roda unha serie en Galicia, cando en tempo se rodaban cinco”, segundo os datos expostos por Ares. O secretario da Academia do Audiovisual atacou a imaxe do audiovisual como un sector subsidiado asegurando que “só o 3% do orzamento da Asociación Galega de Produtoras Independentes vén das subvencións” e remarcou que “as axudas ás empresas automobilísticas son moito máis caras que as do audiovisual”.

Nesta liña, Ares criticou a baixada “dun 30% do orzamento da produción externa da TVG”, entidade que o presidente dos guionistas cualificou de “motor do audiovisual galego”. A produción externa é a realizada por produtoras privadas para a canle autonómica, como Padre Casares ou Mareas Vivas, que tiveron importantes éxitos de audiencia. A esta redución hai que sumarlle “o recorte dun 54% das axudas da Consellería de Cultura”.

A pesar das dificultades, Ares defínese como “un optimista crónico”, e asegura que o éxito das producións galegas se debe a que “tan mal non o debemos facer”.

O dente negro
Logo da charla de Ares proxectouse a curta O dente negro, unha historia sobre a infidelidade rodada en galego en Catalunya. A directora, Sofía Tarela, e a protagonista, Paola Beira, fixeron fincapé na vontade de contar “desde outra perspectiva” un “tema manido”, ao contalo  desde o punto de vista dunha muller do rural. O dente negro foi premiado no II Petit Festival Audiovisual per la Dona, onde obtivo o galardón do xurado e tamén o do público.

Publicado originalmente em Cadernos de Comunicación e Análise o 11/04/2011

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s