comment 0

Novo comunicado dos estudantes que marchárom dos Comités

As e os estudantes que o pasado 26 de febreiro abandonamos os Comités non o fixemos para marcharmos para casa nin para pórmos fin ao necesario traballo en todos os eidos do ensino de Galiza para loitar polos nosos dereitos e facer medrar a consciencia nacional e as reivindicacións que diso se derivan entre os nosos compañeiros e compañeiras. Se o fixemos foi coa firme convición de que o estudantado galego precisa, hoxe máis ca nunca, unha ferramenta acaída para continuar na loita por un sistema educativo galego, público, democrático e de calidade. Esta ferramenta é a que cómpre crear entre todas as persoas que viñemos participando dun proxecto organizativo hoxe esgotado.

Por iso, anunciamos a convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte da nova organización do estudantado galego para o vindeiro 26 de marzo de 2011 en Santiago de Compostela. Nesta Asemblea poremos a andar unha nova organización que, partindo duns puntos programáticos básicos, loitará pola consecución dun ensino mellor nunha Galiza máis xusta e máis libre. Os principios desta nova organización serán:

  • Un ensino galego, orientado ás realidades do país e fondamente comprometido con este. Un ensino que teña como lingua vehicular básica a que nos é propia, o galego.
  • Un ensino democrático, no que o estudantado teña voz e voto real na toma de decisións que afectan ao noso futuro.
  • Un ensino de calidade, que poida fornecer o noso país dos mellores profesionais no día de mañá.
  • Un ensino público, que rexeite calquera intervención de capital privado, capital orientado sempre á consecución de lucro e non á correcta formación.
  • Un ensino non patriarcal, que contribúa a pór fin á desigualdade entre homes e mulleres na sociedade e baseado en valores feministas.
  • Esquerda transformadora: entendemos que os puntos anteriores só son posíbeis no marco dunha sociedade máis xusta onde a explotación das maiorías sociais teña desaparecido e onde esas maiorías sociais sexan o suxeito político.
  • Nacionalismo soberanista: entendemos que moitas das eivas que padece Galiza, tamén no ensino, se derivan dunha falta de soberanía e da dependencia política, económica e cultural a respecto do Estado español que entendemos lesiva para o noso desenvolvemento. Defendemos o dereito de autodeterminación e a plena soberanía para o noso país.
Por último, cómpre salientar o noso desexo de situármonos completamente fóra das loitas internas que o nacionalismo sofre noutros eidos. Somos un conxunto de estudantes que teñen como punto de unión os principios antes expostos, superadores das dinámicas doutras organizacións coma os Comités ou o Movemento Estudantil Universitario (MEU). Os motivos para crear esta nova organización veñen dados polos últimos sucesos no movemento estudantil, e non obedecen a ningunha influencia externa a estes. O noso propio camiño na procura dun ensino e unha Galiza mellores comeza aquí.
Galiza, 28 de febreiro de 2011

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s