comment 0

Aterratge a Barcelona

Acaba de entrar en la habitación que le había sido asignada y contemplaba por primera vez aquel cubículo reducido y austero. Es mi cuarto, pensaba con un asomo de emoción, se puede decir que ya soy un hombre independiente: un verdadero barcelonés. Aún estaba bajo el influjo de la novedad; sentía como todos los recién llegados la fascinación de la gran ciudad.
Eduardo Mendoza, La ciudad de los prodigios

Umha cita barcelonesa para começar as crónicas barcelonesas. A primeira saída do ninho cara um lugar moi diferente. E moi grande, pois nestes dias perdim a conta das vezes que rematei por dizer “pensava que isto era mais pequeno”. Acostumado a vivir nunha cidade que podia atravessar andando numha hora e pouco, tenho que afazer-me a umhas dimenson totalmente diferentes.

Os câmbios chegarom nada mais baixar do aviom: a calor de Barcelona em pleno janeiro, cum sol radiante sobre o Mediterrâneo. E logo, ao andar pola rua, a variedade: de etnias, religions e línguas. A pesar de ter escoitado moi pouco catalám nestes días, si podo dizer que chegarom aos meus ouvidos por primeira vez sons de moitas línguas de Europa e de Asia.  Essa mesma variedade podo atopa-la na minha residência, onde abundam os estudantes dos Estados Unidos.

Aos poucos, vou arrancando. Con calma. E tempo haberá para conhecer esta cidade tan fermosa. Som os primeiros passos de umha nova vida, onde todo volve empeçar. E para rematar falando de começos, esta promo de TV3:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s