comment 0

No 25 de Novembro

O importantes destes dias nom é lembrar-se do feito hoje, senom decatar-se de que se ainda os celebramos é porque esses feitos continuam a existir todos os dias. Deixo aqui o manifesto da Marcha Mundial das Mulheres polo 25 de Novembro:

Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade” desenvolve a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza a campaña do 25 de Novembro de 2010 do Día internacional contra a violencia machista.

Nesta data sinalada internacionalmente debemos recoñecer toda a sociedade que a violencia de xénero é a principal ferramenta que emprega o patriarcado para manter as mulleres na subordinación social. Isto acontece nos nosos días e desde sempre, nas nosas sociedades occidentais e en todas as culturas e modos de vida; polo que cómpre abordar un cambio social integral para erradicar a face máis dramática da violencia de xénero: o asasinato das mulleres a mans das súas parellas, sen esquecer as outras manifestacións sociais e de carácter estrutural da violencia contra as mulleres.

É maltratador e violento quen denigra, vexa e chega a asasinar, mais tamén exerce violencia de xénero o lexislador que non ten perspectiva de xénero, as institucións que privan de novos recursos para a igualdade e recortan os existentes; e todo aquel que propaga ideas patriarcais como o desprezo ás mulleres con cargos públicos, como negar a necesidade das políticas de igualdade, como falar da familia tradicional e da tradición para xustificar a maternidade, os cuidados e a sexualidade pasiva como exclusivamente das mulleres, aínda que logo faga MINUTOS DE SILENCIO.
Por iso denunciamos a Marcha Mundial das Mulleres todas as faces da violencia, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.

Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder político e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres.

SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario, porque desde o feminismo traballamos pola cidadanía plena para as mulleres e reclamamos recursos para a igualdade das institucións. Con cidadanía e recursos frearemos o paso de xigante da violencia de xénero.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s