comment 0

‘Retranca’ estará impresa para a visita do Papa

O último número da revista satírica Retranca chegará a tempo para a visita do Papa. Segundo o director da publicación, o humorista Kiko da Silva, xa atoparon unha empresa zaragozana que imprimirá os exemplares. Agardan que o martes xa estean en distribución. Amais, haberá unha pequena edición dixital de urxencia para celebrar o domingo o “terceiro cabodano” da revista.

A empresa murciana á que encargaran a impresión en primeiro lugar, Jiménez Godoy, negouse a entregar os exemplares escudándose na súa moral católica, xa que o novo número está dedicado a satirizar a vista do papa Bieito XVI a Galicia. A dirección da compañía negou a EL PAÍS ter impreso os exemplares, mais en declaracións a La Verdad de Murcia, un dos directivos da imprenta recoñece ter o número de Retranca xa en papel, mais néganse a entregalos.

Kiko da Silva enviou un burofax á Jiménez Godoy que ten até hoxe para contestar. Se non reciben resposta da empresa, non descartan levar o caso aos tribunais.

Publicado em El País-Galicia o 29/10/2010

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s